Xornada sobre control biolóxico de pragas en cultivos de horta

Publicidade

O Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense está a organizar unha xornada sobre “Hixiene na produción primaria e uso de produtos fitosanitarios en horta. Control biolóxico de pragas e enfermidades en cultivos hortícolas.”

A xornada  realizarase o vindeiro 18 de novembro en horario de 09:00 a 15:00 h, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

O obxectivo da xornada é informar sobre o marco legal da hixiene e o uso sustentable de produtos fitosanitarios e dar información sobre o control biolóxico de pragas enfermidades nos cultivos hortícolas. Trataranse as principais pragas e enfermidades do cultivos hortícolas e o seu control biolóxico. Para iso dous técnicos con ampla experiencia falarán sobre loita biolóxica  e outros medios de control alternativos ao uso de produtos fitosanitarios.

A inscrición na xornada é obrigatoria e gratuíta, mediante a presentación dunha solicitude que será enviada ao Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense a través dun Rexistro ou enviada ao correo electrónico diana.gonzalez.fermandez@xunta.gal.

Esta actividade foi aprobada no Plan de Transferencia Tecnolóxica para o agro galego 2021, e cofinanciada polo FEADER nun 75%.

Descarga aquí a solicitude

xornada xinzo horta control biolóxico pragas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información