Xornada sobre cómo comercializar con éxito alimentos ecolóxicos

Publicidade
Data inicio: 27/01/2017
Data fin: 27/01/2017
Lugar: Casa Da Cultura Do Concello De Monforte De Lemos, Plaza España, Monforte de Lemos, España

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) organiza o vindeiro venres, 27 de xaneiro, unha Xornada sobre Comercialización de Produtos Ecolóxicos, un sector que triplicou a súa facturación en Galicia nos últimos anos.

A xornada celebrarase en Monforte de Lemos, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, e é de carácter gratuíto. O contido xirará sobre o proceso que conleva comercializalos e vendelos tanto a nivel nacional como internacional, expoñendo os diferentes puntos de vista sobre o mercado e centrándose en aspectos relacionados coa xestión comercial e o axeitado uso do marketing.

A cita dará comezo ás 10:00 coa benvida da directora xeral de agricultura, Belén Docampo; do
 alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé; do presidente do Craega, José Antonio Fernández, así como dun representante da Deputación de Lugo. A continuación, Ángeles Parra, presidenta da asociación catalana Vida Sana, falará da “Evolución dos produtos ecolóxicos en España” e Begoña Táboas Touceda, directora do proxecto Bio e Gourmet PGC en Carrefour, explicará por que o sector da gran distribución decidiu vender estes alimentos e incluílos como unha oferta crecente nos lineais.

CARTAZ_CRAEGAAlbert Beltrán, o director de negocio de Biocop, empresa pioneira na distribución de produtos ecolóxicos en España, explicará despois cal é a estratexia dunha firma que factura xa máis de 10 millóns de euros. A continuación, intervirán a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, Mercedes Rodríguez, así como Esperanza de Marcos sanz, xefa de servizo na Subdirección Xeral de Calidade Diferenciada e Agricultura Ecolóxica, que concretará cal é a nova lexislación europea neste eido.

Tras o descanso do xantar, a sesión de tarde queda reservada para unha mesa redonda na cal falarán en primeira persoa da súa experiencia un grupo de produtores ecolóxicos de mazá, Ullama; e os gandeiros de 
Ganado de Lemos. Despois iniciarase un debate aberto para que participen todos os asistentes.

Pode inscribirse chamando ao 982 405 300 / 678 645 549, en xornadamonforte@gmail.com, ou a través de https://goo.gl/Dpobm7. Aforo limitado.

Descarga o programa das xornadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *