Xornada sobre a comercialización do mel

Publicidade
Data inicio: 14/03/2020
Data fin: 14/03/2020
Lugar: Allariz, España

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza para o vindeiro 14 de marzo unha “Xornada sobre a comercialización do mel” en Allariz, na Escola Galega de Apicultura.

Esta xornada vai dirixida a apicultores e apicultoras con experiencia, coa finalidade de debatir sobre o tema da comercialización do mel en Galicia. Na xornada intervirán persoas expertas que farán unha exposición sobre a materia e a continuación abrirase un debate para que as participantes opinen e aporten as súas ideas.

A asistencia é de balde pero requírese a inscrición previa, antes do 11 de marzo enviando un email a info@apiculturagalega.es ou chamando ao 981 508 142

Esta xornada está incluida no programa de xornadas de actualización apícola que comezaron o pasado 15 de febreiro en Arzúa co tema de sanidade. “Dende AGA consideramos necesaria este tipo de xornadas para reflexionar dun xeito colectivo e incorporando diferentes visións sobre este tipo de temáticas, xa que nos últimos tempos a apicultura, así como todo o relacionado co medio ambiente,  caracterízase pola inestabilidade e complexidade, e polo tanto para asegurar a súa continuidade é precisa a actualización e o aprendizaxe continuo”, aseguran dende a organización.

Temas:

-O mercado do mel a nivel mundial. Xosé Torres, presidente de AGA

-Comercialización do mel en Galicia. Suso Asorey, representante de Erica Mel

-O papel da IXP Mel de Galicia na comercialización do mel. Esther Ordóñez, presidenta I.X.P. Mel de Galicia

-Comercialización do mel ecolóxico

-Venda directa e mercado local

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *