Xornada sobre a comercialización de produtos cárnicos de pequenas granxas

Xornada sobre a comercialización de produtos cárnicos de pequenas granxas

Porco Celta nunha gandería galega. // Foto de arquivo.

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, en colaboración coa Consellería de Medio Rural, organiza a Xornada Comercialización de produtos cárnicos procedentes de pequenas ganderías. A sesión desenvolverase o vindeiro 5 de Novembro.

A formación levarase a cabo en horario de 10.00 a 14.00 horas na Casa da Cultura Vila Concepción, en Cambre (A Coruña).

No curso abordaranse as oportunidades para os produtos cárnicos amparados baixo a normativa de artesanía alimentaria, así como as normas derivadas das novas regulacións e flexibilizacións en materia de hixiene da produción e comercialización dos produtos alimenticios. Tamén se tratará a cadea alimentaria e os requisitos dos distintos operadores ou as instalacións necesarias para os produtores.

A xornada estará impartida por Luis Couto Lorenzo, inspector Veterinario de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Trátase dunha formación destinada a agricultores en activo, responsables e traballadores de empresas agroalimentarias ou persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria, así como xente en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario, ademais doutras persoas con interés sobre esta materia.

Para inscribirse na xornada debe entregarse o seguinte formulario debidamente cuberto na Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. A inscrición tamén pode enviarse por email a: diego.miranda@marinasbetanzos.gal

cartel curso comercializacion carne

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información