Xornada sobre certificación de construcións en madeira

Xornada sobre certificación de construcións en madeira

A procura de espazos máis saudables e sustentables está a impulsar o uso de madeira, tanto na construción como na decoración de fachadas e interiores. Un aumento da demanda que en territorios  como Galicia reforzará a súa aposta pola bioeconomía forestal sempre que se garanta a sustentabilidade dos recursos utilizados.

Obter unha Certificación de Proxecto FSC documenta o volume de madeira certificada para a construción dun proxecto e demostra o compromiso dos seus promotores con unha construción medioambientalmente amigable.

Para profundar nesta interesante ferramenta, este mércores 21 de outubro FSC organiza unha xornada formativa na Universidade de Santiago de Compostela sobre certificación de proxectos e cadea de custodia en Galicia. Como novidade, a asistencia a este obradoiro poderá ser tanto presencial, na aula de Proxectos de a Escola Técnica Superior de Enxeñería do campus compostelán, como en liña, a través da plataforma Zoom.

Esta é a cuarta dunha serie de actividades formativas e de divulgación baixo a lema “Galicia ten boa madeira”, que en colaboración ca Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) desenvolveranse até o mes de novembro para difundir a certificación da xestión forestal sustentable e da cadea de valor en Galicia.
 
A inscrición é gratuíta. Tan só é necesario rexistrarse para asistencia presencial nesta ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfrjIrgekvMrd_LYf1F0Y6sDlj82hInKanXA3XSX9xbayv_HQ/viewform

ou ben para participación on-line en leste outra ligazón:

 

ttps://zoom.us/meeting/register/tJUqf-ipqjgjGNebHOZAlDr1ac600plSfpz4

fsc madeira construción PROGRAMA

Programa:

10:00 h. Benvida – Julia González, directora ETSE (USC) e Gonzalo Anguita, director executivo de FSC España
10:15 h. Que é FSC é como funciona. Importancia global, datos para España y Galicia. Silvia Martínez, directora técnica de FSC España
11:15 h. Certificación FSC de Cadea de Custodia en España e en Galicia. Implantación, auditorías e mantemento de certificados individual, multisitio e grupo. Exemplos. Segundo Rodríguez xestor de proxectos de FSC España y Marcos Estévez
12:15 h. Descanso
12:30 h. Certificación FSC de Proxectos. Implantación, auditorías e mantemento de certificados individual, multisitio e grupo. Exemplos en Europa. Marcos Estévez
13:30 h. Aspectos prácticos. Busca pública de certificados FSC e outras ferramentas de mercado. Lorena Guerra, Marca y Desarrollo de Mercados de FSC España
14:00 h. A experiencia do Grupo Molduras. Tania Pichel, arquitecta do Departamento Técnico e Carlos Rey, responsable de Calidad, Medio Ambiente e I+D+i do Grupo Molduras
14:30 h. LIFE Lugo+Biodinámico y Edificio Impulso Verde. Concello de Lugo. Boris Hinojo (3edata), gerente LIFE Lugo+Biodinámico
15:00 h. Axudas públicas á cadea de valor da madeira. Ignacio Lema, director de XERA, Axencia Galega da Industria Forestal
15:15 h. Clausura

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información