O vindeiro martes 24 de marzo a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos impartirá unha xornada sobre o castiñeiro de froito en Baroña, no concello coruñés de Porto do Son, organizada pola Comunidade de Montes local.
A sesión será de 10:00 a 13:00 horas no seu local (Campanario, nº 20, Porto do Son). Primeiro realizarase unha introdución sobre como planificar e crear un souto para froito. Despois, sairase ao monte para unha parte práctica onde se formará sobre o terreo nos traballos de poda e formación cos castiñeiros.
Para máis información ou inscribirse chamar ao teléfono 679156855 ou escribir a castanasesoutos@gmail.com

Galego









Control OJD