Data inicio: 15/12/2018
Data fin: 15/12/2018
Lugar:
A Agrupación Apícola de Galicia organiza o vindeiro sábado, 15 de decembro, na localidade ourensá de Barbadás unha xornada sobre “Calidade do Mel”.
O programa é o seguinte:
10:00 horas: “Métodos de control da calidade do mel, parámetros a analizar e interpretación de resultados”. María Carmen Seijo Coello. Universidade de Vigo. Campus de Ourense .
10:45 horas: “Procesado do mel: factores que afectan á súa calidade”. Maite Bruzos Simón, responsable de calidade nunha empresa apícola.
11:30 a 11:45 horas: Pausa café
11:45 horas: “Diferenciación dos tipos de mel: aspectos a ter en conta”. María Shantal Rodríguez Flores. Universidade de Vigo, Campus de Ourense.
12:30 horas. “Taller de análise polínica”. Grupo de Apicultura da Universidade de Vigo-Campus de Ourense.
16:30 horas. “Análise sensorial do mel. ¿Como e cando realizalo? ¿Que información achega a análise sensorial? . Beatriz Ríos Cebreiros. Formadora do panel de cata e técnica do Consello Regulador da IXP Mel de Galicia.
17:15 horas. “Taller: Cata dos distintos tipos de meles monoflorais de Mel de Galicia”. Beatriz Ríos Cebreiros.
Prezo: 5 euros para os socios da Agrupación Apícola de Galicia e 25 euros para os non socios. É preciso inscribirse nos talleres para a xestión dos grupos. Teléfono e whatsapp: 646 788 215