Xornada sobre “Biofertilizantes e bioestimulantes: innovación e sostibilidade para o agro galego”

Agaca organiza a terceira sesión do ciclo de oportunidades de negocio, dedicada á innovación, sustentabilidade e oportunidades que ofrecen os biofertilizantes e bioestimulantes

Publicidade
Xornada sobre “Biofertilizantes e bioestimulantes: innovación e sostibilidade para o agro galego”

A Asociación Galega de Cooperativas Aagroalimentarias AGACA organiza a xornada Biofertilizantes e bioestimulantes: innovación e sostibilidade para o agro galego. A xornada explora funcionamento, aplicacións prácticas, ferramentas tecnolóxicas para manexo e oportunidades de negocio relacionadas cos biofertilizantes e bioestimulantes, con charlas a cargo de profesionais do sector.

A cita, que se celebra de xeito online, terá lugar o día 26 de febrero. O encontro forma parte dun ciclo de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio. Actividade enmarcada na Rede Eusumo – Economía Social de Galicia.

O 26 de febreiro de 2026 terá lugar a xornada de 09:30 a 14:30 horas. Contarase con profesionais do sector, tanto de investigación coma de comercialización destas substancias. A sesión, que é gratuíta, celebrarase online, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.

Programa previsto

09:30 – Conexión e benvida a participantes
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia de AGACA

10:00 – Por que funcionan os bioestimulantes e biofertilizantes
Francisco Pérez. Alltech Crop Science

10:40 – Como son e como actúan os biofertilizantes e bioestimulantes no agro
Pablo Souza-Alonso. Universidade de Santiago de Compostela

11:15 – Ferramentas tecnolóxicas para o manexo de biofertilizantes e bioestimulantes no agro galego
Rubén Estebala. AGRO4DATA

12:00 – Descanso

12:15 – Aplicacións prácticas de bios en sistemas produtivos galegos
Lucas G. Pastore. Yara Iberian SAU

13:00 – Biofertilizantes e bioestimulantes como oportunidade de negocio
Luis Salido. Herogra

13:40 – Bioinsumos, economía circular e sostibilidade
Sergio Quiroga. Ecocelta Galicia

14:10 – Preguntas e comentarios
Participantes e relatores

14:25 – Conclusións e peche do programa
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia de AGACA

14:30 – Fin da xornada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información