Xornada sobre biodiversidade e patrimonio cultural como servizos ecosistémicos dos montes

A actividade, enmarcada no Monte Demostrativo de Mouriscados, incluirá unha presentación da plataforma luso-galega Melhor Floresta e unha visita guiada á necrópole de Chan de San Tomé.

Xornada sobre biodiversidade e patrimonio cultural como servizos ecosistémicos dos montes

A Asociación Forestal de Galicia (AFG), dentro das actividades formativas do Monte Demostrativo de Mouriscados, no concello pontevedrés de Mondariz, organiza unha xornada gratuíta sobre o patrimonio cultural e a biodiversidade como servizos do ecosistema.

Estes servizos ecosistémicos, que se poden certificar, avalan o traballo de propietarios forestais e comunidades de montes veciñais en man común no coidado dos seus terreos.

A sesión terá lugar o vindeiro xoves 30 de abril ás 17:00 horas no Centro Cultural de Mouriscados, e está aberta a todas as persoas interesadas.

Programa da xornada

  • 17:00 – 17:30 h. Presentación da Plataforma Melhor Floresta, a cargo de Lurdes Barbosa, do Departamento de Formação e Apoio a Associados de Forestis (Portugal).
  • 17:30 – 18:15 h. Xestión forestal sostible e patrimonio cultural nos montes veciñais, por Xosé Covelo, enxeñeiro de Montes e director da AFG.
  • 18:45 – 20:00 h. Visita guiada á necrópole da Chan de San Tomé, da man do arqueólogo Alberte Reboreda.

A asistencia é gratuíta pero require inscrición previa:

  • Teléfonos: 981 564 011 e 618 752 214
  • Correo electrónico: afg@asociacionforestal.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información