Xornada sobre benestar e saúde das becerras este mércores en Frades

As agrupacións de defensa da sanidade gandeira (ADSG) de Frades e de Mesía organizan para estes mércores, 12 de febreiro, unha xornada formativa sobre benestar e saúde en tenreiras.

A formación impartirase no Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira en horario de 10:30 a 13:00 horas.

O programa é o seguinte:

– 10:30 – Café de benvida.

– 11:00 – “Benestar en tenreiras e descornado”, con Carlos Carbonell, técnico veterinario de rumiantes en MSD Animal Health MSD Animal Health España

– 11:45 – Preguntas e impresións.

– 12:00 – “O segredo está no ciclo: control da criptosporidiose en tenreiras”, con Carlos Carbonell.

– 12:45 – Preguntas e impresións.

– 13:00 – Aperitivo para os asistentes.

xornada ads mesia frades

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información