A Plataforma pola Defensa do Monte, dentro do proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza, organiza unha xornada sobre o mundo da madeira. O acto terá lugar este sábado 29 de marzo na Casa Forestal de Baroña, en Porto do Son.
O obxectivo do encontro, no que tamén colabora a Comunidade de Montes de Baroña, é achegarlle ao público os procesos da madeira e a importancia do aproveitamento forestal. Incluirá unha demostración de maquinaria, así como un faladoiro con participación de empresas forestais e que traballan con madeira.
A demostración de maquinaria correrá a cargo da empresa Timber Tools, distribuidora oficial de Logosol, que amosará serradoiros portátiles e outras opcións.
Programa do evento:
10:00 a 12:00 h. Primeiro pase: Demostración do uso de serradoiros portátiles. Coordinada por Timber Tools, distribuidora oficial de Logosol.
12:00 a 13:30 h. Faladoiro con profesionais do sector da madeira “Do monte á industria”. Moderada por Ovidio Queiruga, presidente da CMVMC de Baroña. Con intervencións de:
16:00 a 18:30 h. Segundo pase: Demostración do uso de serradoiros portátiles. Coordinada por Timber Tools, distribuidora oficial de Logosol.
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza está financiado con fondos europeos grazas ao apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. A coordinación do proxecto do Laboratorio está a cargo da Fundación RIA.
O Laboratorio conta con financiamento europeo grazas ao respaldo da Fundación Biodiversidad, pertencente ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).
Este apoio enmárcase dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) e está financiado pola Unión Europea a través de NextGenerationEU. A Fundación RIA é a responsable da coordinación do proxecto.