Data inicio: 27/09/2024
Data fin: 27/09/2024
Lugar: UNED Lalin, Lalín, España
Lalín acolle este venres, día 27 de setembro, unha conferencia sobre apicultura tradicional. A charla celebrarase na Aula Universitaria de Lalín, situada no Polígono Lalín 2000 ás 17.00 horas.
O apicultor David Liñares encargase de ofrecer a conferencia baixo o título “Entre colmeas e montañas: a arte da apicultura tradicional e o seu doce froito”.
Ademais da sesión teórica, a xornada complétase cunha visita ás instalacións do apicultor, que está especializado tanto na comercialización do mel baixo a marca Mel de Liñares, como outros produtos da colmea como é a venda de raíñas ou núcleos.
A xornada é de entrada libre para todas as persoas que estean interesadas en achegarse ó mundo da apicultura.