A asociación Frouma organiza para este sábado en Arzúa unha xornada sobre apicultura. A formación impartirase no local social de Santa María no horario de 16:00 a 19:00 horas e conta co financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración do Sindicato Labrego Galego.
Programa:
-Recuperación dos montes para a produción de alimentos – Diego Sánchez (Asociación #Frouma)
-Introdución á instalación do apiario e manexo das colmeas – Miguel Méndez (Sindicato Labrego Galego)
-Retos actuais na produción apícola – Xesús Asorey (Máisquemel)
-A produción de mel dentro da IXP – Ester Ordóñez (IXP Mel de Galicia)
Máis información e inscricións: 608 175 565 e no enlace https://forms.gle/7Hx8tf9LuYGnK9dT9