O Museo vivo e integrado do campo e da locomoción agraria (Láncara, Lugo) promove unha xornada na que os retos futuros na agricultura serán os protagonistas. Esta temática estará tratada por profesionais e investigadores especializados na agricultura, que, ao longo da cita analizarán os novos horizontes a nivel enerxético na agricultura.
A xornada realizarase no Museo de Trasliste e estará combinada cunha visita polas instalacións a todos os asistentes para as achegas patrimoniais que se agochan nesta Colección Museográfica. A cita terá lugar ao longo do día 22 de decembro, cun aforo limitado polo que será imprescindible inscripción. A programación será a seguinte:
10.00 Recepción de asistentes
10.15 Benvida
María José Bande Castro
Presidenta da Asociación de Amigos do MUVICLA.
Doutora Enxeñeira Agrónoma, Investigadora do CIAM.
10.30 Inauguración da Xornada
Quico José Ónega López
Investigador do Laboratorio do Territorio, USC.
Gandeiro.
11.00 Presentación “Como será o tractor do futuro”
Marcos Vázquez Marey
Director de MUVICLA
Brais Vázquez Bande
Estudante de Stembach, músico e director Junior de MUVICLA
11.20 Pausa café
Interpretación musical “Muiñeira de Ponte Sampaio”
Brais Vázquez Bande, piano; Marcos Vázquez, gaita.
11.40 Conferencia “Alternativas ao uso do petróleo en
aplicacións agrícolas“
Manuel Lage Marco
Secretario Xeral de AESSGAN, Doutor Enxeñeiro Mecánico.
12.00 Visita ás instalacións do museo e xantar no lugar
16.00 Mesa redonda “Agricultura e alimentación, con que enerxía?“
Introduce: Antonio Turiel Martínez
Investigador do CSIC.
Santiago Sousa Lema
Enxeñeiro Agrónomo na empresa Durán Maquinaria.
José Ramón Freire López
Director Xeral da Asociación Española de Bioetanol
Gema Flores Fernández
Enxeñeira Agrónoma, Massey Ferguson, AGCO Iberia.
Olga Iglesias Fontal
Doutora Veterinaria. Consellería do Medio Rural.
Fe Álvarez Sánchez
Xerente do GDR “Montes e Vales Orientais”.
Modera: José María Álvarez Vilabrille
Director comercial de “El Progreso”.
18.00 Clausura da xornada
Pablo Rivera Capón
Deputado Provincial da área económica e social.
18.15 Interpretación musical “Airiños Aires”
Iván Martínez Sabio. Director Banda Filharmónica de Lugo
Brais Vázquez Bande. Percusión
18.30 Fin da xornada