Xornada sobre alimentación de gando vacún leiteiro en ecolóxico

Publicidade
Data inicio: 19/01/2017
Data fin: 19/01/2017
Lugar: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Lugo, España

O vindeiro xoves, 19 de xaneiro, celebrarase en Lugo unha xornada sobre alimentación de gando vacún leiteiro en ecolóxico, un sector en auxe tanto en Galicia como no resto de España.

A xornada, organizada por Ecofeed, a liña de pensos ecolóxicos da cooperativa Campoastur, celebrarase no Pazo de Congresos de Lugo, e dará comezo ás 11:30 horas.

O programa é o seguinte.

-Optimización do pastoreo: Xan Pouliquen, de Xestión Agrogandeira e Natureza.
-Produción de leguminosas forraxeiras: Cesar Resch (CIAM Mabegondo)
-Mesa redonda: “Retos da reconversión a produción ecolóxica”, na que participarán os gandeiros de vacún de leite en ecolóxico Xosé Luís Fernández Segade, de Arzúa, e José Antonio López, de gandería As Pontellas SC.

Ao finalizar a xornada serviranse uns petiscos.

Para inscribirse na xornada é necesario enviar un correo a rafaelpardodeandrade@gmail.com ou chamar ao 679410087. Por cuestións de organización a data límite para inscricións é o 17 de xaneiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información