Xornada sobre a administración electrónica nas explotacións agrarias

Publicidade
Xornada sobre a administración electrónica nas explotacións agrarias
Data inicio: 03/12/2019
Data fin: 03/12/2019
Lugar: Xunta De Galicia - Edificio Administrativo - Lugo, Ronda da Muralla, Lugo, España

A área de Servizos Agrarios de Lugo organiza unha xornada técnica sobre o impacto da administración electrónica na xestión das explotacións agrarias. A sesión terá lugar o vindeiro día 3 de decembro en horario de 9.30 a 14.30 horas na sala de informática do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

Na xornada abordaranse temas como os procedementos electrónicos actuais que levan a cabo as explotacións agrarias, xa que están obrigadas a realizar todo tipo de trámites de forma telemática.

Ademais, realizarase un taller práctico no que se tratarán cuestións como o certificado dixital, a chave 365 ou o acceso á carpeta do cidadán, todas elas cuestións que afrontan as ganderías e empresas agrícolas. Tamén tratarán as mecánicas para achegar documentación, a forma de recibir, abrir e contestar notificacións administrativas, así como aquelas dúbidas que aporten os participantes.

A sesión será impartida por persoal da área de servizo de explotacións agrarias de Lugo e por expertos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega). As persoas interesadas en participar na xornada deberán inscribirse enviando un email a jose.rocha.grande(arroba)xunta.es ou a oac.seca.lugo(arroba)xunta.gal. As prazas son limitadas polo aforo das salas onde se imparten.

A iniciativa formativa encádrase dentro do Plan de Transferencia Tecnolóxica que programa a Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal). A actividade está financiada nun 75% por fondos europeos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información