Xornada sobre a xestión de parques de maquinaria agrícola

Agaca retoma as accións formativas sobre oportunidades de negocio cunha sesión sobre maquinaria. Contarán con representantes de CUMAs e especialistas en drons. A xornada é gratuíta e telemática

Publicidade
Xornada sobre a xestión de parques de maquinaria agrícola
Data inicio: 12/07/2024
Data fin: 12/07/2024
Lugar: Asociación Gallega de Cooperativas Agroalimentarias, Calle de Tomiño, Santiago de Compostela, España

Agaca retoma o vindeiro día 12 de xullo o ciclo de Xornadas Formativas sobre oportunidades de negocio no agro cunha sesión dedicada á xestión de parques de maquinaria. Nesta ocasión contarán con relatorios de representantes de diferentes CUMA, así como con especialistas en drons, sistemas operativos de xestión de maquinaria e un representante da Xunta de Galicia que detallará axudas públicas neste eido.

Trátase dunha xornada online que se celebrará en horario de mañá, de 9.30 a 14.30 horas. A inscrición é gratuíta e pode formalizarse neste formulario.

Programa da xornada

9:30 horas. Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada. Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.

9:40 horas. A complexidade de xestionar ben a maquinaria agrícola: novos/vellos retos . Santiago Sousa. Maquinaria Durán e experto en xestión de maquinaria agrícola.

10:30 horas. As claves de xestión dunha CUMA. José Pérez. Xestión da CUMA Vilaxuste.

11:00 horas. O uso de drons para a loita contra o verme gris. David Blanco. Niufly.

11:30 horas. Breve descanso.

11:45 horas. Mesa redonda: Problemática actual das CUMAs e os parques de maquinaria.
Enrique Otero. AIRA.
Ángel Miranda. CLUN.
José M. Rodríguez. CUMA GRANXABAR.
Modera: Higinio Mougán.

13:00 horas. Sistema AGROLISTIK para xestión global de maquinaria agrícola. Sergio Poza. Agrolink.

13:30 horas. Axudas actuais e futuras á maquinaria agrícola. Nicasio Mejuto. Subdirector Xeral de Axudas Estruturais. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia.

14:15 horas. Conclusións, comentarios finais e clausura. Higinio Mougán.

14:30 horas. Fin da Xornada.

cartel xornada agaca maquinaria

Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio

Os obxectivos do ciclo, que suma 12 xornadas en total, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.

As xornadas, de libre acceso previa inscripción, están destinadas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social. Para máis información, os interesados poden chamar ao 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo, para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información