Xornada sobre a utilización do biogás na agricultura

Publicidade
Xornada sobre a utilización do biogás na agricultura

Explotación con produción de biogás. / Imaxe: Norvento.

Data inicio: 29/10/2015
Data fin: 29/10/2015
Lugar: Xunta de Galicia, Ronda da Muralla, Lugo

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo programou para mañá xoves unha xornada sobre a utilización do biogás na agricultura. A actividade vai dirixida a analizar a situación actual da tecnoloxía, que permite a obtención de enerxía a partir de residuos gandeiros. Visitarase ademais unha explotación agraria de Cospeito cun proxecto experimental de biogás.

A xornada está impartida por técnicos do departamento de bionerxía de Norvento. Celebrarase no edificio administrativo da Xunta en Lugo, na aula número 1 (segundo andar).

Os interesados en inscribirse poden dirixir un correo electrónico a jose.rocha.grande@xunta.es ou enviar un fax ó 982-29.49.37. A inscripción, que é gratuita, debe formalizarse antes do mércores 28 ás 14 horas.Esta é a folla de inscripción.

Programa
10:00- 12:00 Situación actual da tecnoloxía do biogas.
12:00- 15:00 Visita a unha explotación agraria cun proxecto experimental de biogás. Situación: Xustas (Cospeito).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *