Xornada sobre a normativa para novas plantacións de viñedo

O Sindicato Labrego lembra que desde o 1 de febreiro poderanse presentar solicitudes para novas superficies de viña

Publicidade
Xornada sobre a normativa para novas plantacións de viñedo

Asistentes á xornada do Sindicato Labrego.

Castrelo de Miño (Ourense) acolleu unha xornada informativa organizada polo Sindicato Labrego para informar ó sector sobre a nova normativa da Política Agraria Común (PAC) no sector vitícola, en especial sobre as autorizacións para plantacións de viñedo. O acto contou coa colaboración do responsable técnico de Coag Carlos Mateos.

Outro dos participantes na xornada de onte, Xosé Manuel Parente, responsable do Sindicato Labrego no Ribeiro e coordinador das xornadas, destaca que o principal cambio na normativa é a desaparición dos dereitos de plantación desde o pasado 1 de xaneiro. “Os dereitos xa non se poderán mercar e vender, tal e como se viña facendo ata agora, senón que, no caso de querer facer unha nova plantación, hai que solicitarllo á Administración –en Galicia á Consellería do Medio Rural- entre o 1 de febreiro e o 15 de marzo de cada ano. Será a Administración quen faga a concesión ou denegue a solicitude en base a unha serie de baremos”, explica Parente.

A organización agraria cuestiona que Medio Rural non teña desenvolto polo de agora ningunha actividade informativa en relación á nova normativa, a pesar de que a semana que vén comeza o periodo para solicitar novas plantacións. O Sindicato Labrego pide xestións da Consellería para que as oficinas agrarias comarcais informen axeitadamente ó sector. Para o SLG, a nova normativa é unha cuestión clave para os viticultores galegos e para as denominacións de orixe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información