Xornada práctica sobre o cultivo e a produción de castaña na Baña

A actividade, aberta a produtores e persoas interesadas, permitirá coñecer sobre o terreo sistemas de rega por goteo, maquinaria para a recolección e calibrado e experiencias de pastoreo extensivo nos soutos

Publicidade
Xornada práctica sobre o cultivo e a produción de castaña na Baña

A Agrupación de Productores de Castaña Hibrida Premium del Noroeste (Casprenor) organiza o vindeiro domingo 23 de agosto, ás 16:00 horas, unha xuntanza aberta na Finca Capeáns, na Baña (A Coruña), dirixida a produtores, propietarios e persoas interesadas no cultivo do castiñeiro e na produción de castaña.

A actividade será de carácter práctico e desenvolverase directamente no campo, coa visita a diferentes plantacións para coñecer experiencias e solucións aplicadas no día a día das explotacións. Entre os asuntos que se abordarán estará o rego por goteo, con exemplos reais de instalacións e explicacións sobre o manexo da auga, especialmente nos primeiros anos das plantacións e en períodos de déficit hídrico.

A xornada incluirá tamén a presentación de maquinaria para a recolección, así como sistemas destinados ao calibrado e clasificación da castaña. Os asistentes poderán coñecer as súas posibilidades, funcionamento e adaptación ás distintas explotacións. Outro dos temas será o pastoreo extensivo nos soutos e o seu posible uso para controlar a vexetación e reducir labores de desbroce.

A xuntanza será gratuíta e estará aberta tanto a persoas asociadas como non asociadas a CASPRENOR. A organización recomenda confirmar previamente a asistencia.

Máis información e inscricións

CARTEL_PROGRAMA_page-0001

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información