O vindeiro sábado, 25 de maio, celebrarase na aldea de Vilar, en Folgoso do Courel, unha xornada práctica sobre control e monitoreo do Xyleborus dispar ou barrenador do castiñeiro, un insecto daniño cuxa presenza foi detectada recentemente neste territorio.
A formación, de carácter gratuíto, será organizada polo grupo de desenvolvemento local Ribeira Sacra-Courel e o xeoparque Montañas do Courel. O número de prazas está limitado a 30, polo que é necesario realizar a inscrición na seguinte ligazón: https://forms.gle/jTZPY1qwgBG39hF38
A dirección desta actividade correrá a cargo do enxeñeiro agrónomo Pablo Antonio Fraga Gontán. Na xornada mostrarase como instalar unhas trampas que atraen aos exemplares de Xileborus dispar e Zeuzera pyrina mediante feromonas e as vantaxes que achegan estes dispositivos .