Xornada para propor un deseño da PAC 2021-2027 que preserve á gandería de montaña

Poñentes de Galicia, Asturias e do norte de Portugal traballarán nun documento con propostas para que a arquitectura verde do Plan Estratéxico da PAC teña en conta os ecosistemas de montaña como hábitats agrarios de alto valor natural e paisaxístico e aos gandeiros como garantes da agrodiversidade

Xornada para propor un deseño da PAC 2021-2027 que preserve á gandería de montaña

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) organiza este venres unha xornada na que expertos procedentes de Galicia, Asturias e o norte de Portugal exporán a realidade existente en cada un destes lugares e compartirán experiencias de cara a acadar un deseño da arquitectura verde da PAC adaptado á situación e condicións ecolóxicas e sociais do territorio de montaña do noroeste ibérico.

A xornada, titulada Deseño dunha arquitectura ambiental e climática para o Plan Estratéxico da PAC 2021-2027 adaptada ao rural galego, contará coa participación de poñentes do eido académico e ambiental de institucións como o Servicio Regional de Investigación y Desarrollo Agroalimentario (SERIDA) ou o Instituto de Recursos Naturales y Ordenación del Territorio (INDUROT) asturianos, do Centro de Investigação de Montanha (CIMO) de Portugal, de entidades ecoloxistas como o Grupo Hábitat, a Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Fundación Oso Pardo, ademais de expertos da USC e do propio CIAM.

Entre todos traballarán nun documento con propostas para que a arquitectura verde do Plan Estratéxico da vindeira PAC teña en conta os ecosistemas de montaña como hábitats agrarios de alto valor natural e paisaxístico e aos gandeiros como garantes desa agrodiversidade.

Nesta xornada, que busca un deseño da PAC 2021-27 adaptado ao noroeste peninsular, coñeceranse tamén experiencias como as que levan a cabo gandeiros do Parque Natural de Redes, en Asturias, ou explotacións de montaña que fan gandeiría extensiva en prados da Serra do Courel, na provincia de Lugo.

A inscrición nesta xornada é gratuita e só é preciso cubrir un formulario para anotarse que se pode descargar na páxina do CIAM.

PROGRAMA COMPLETO: 

xornadas CIAM PAC verde1xornadas CIAM PAC verde2xornadas CIAM PAC verde3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información