Xornada para aprender a montar pequenas instalacións de rega

Publicidade

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza a semana que vén en Bergondo un curso para aprender a montar pequenas instalacións de rega. A acción formativa, que está prevista entre os vindeiros 4 e 8 de outubro, desenvolverase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Guísamo, nun total de 20 horas lectivas en horario de 16,30 a 20,30 horas.

A iniciativa contará cunha xornada teórica na que se analizarán conceptos básicos como os caudais e as presións, así como os distintos elementos necesarios para as instalacións e o cálculo do tempo de rega. A maiores, os asistentes aprenderán a interpretar planos, as claves da estacaxe e como deben acometer a apertura de gabias para montar os aparellos de rega.

Na parte práctica, que terá lugar durante as outras catro xornadas, abordarase como instalar diferentes tipos de redes de rega, como son os goteiros, os microaspersores, a rega enterrada con aspersores e difusores e a rede de rega enterrada. Mentres, o último día está prevista unha visita ás instalacións dunha empresa sadense dedicada á venda e instalación de material de rega.

Canto aos participantes, a acción están dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Para inscribirse pódese descargar a solicitude nesta ligazón e remitila cuberta ao enderezo electrónico andres@cfeaguisamo.org. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 881881046.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información