Xornada online sobre últimos avances no uso de vermes para alimentación animal e humana

Xornada online sobre últimos avances no uso de vermes para alimentación animal e humana

Verme da fariña

O vindeiro martes 21 de xuño, ás 10h, celebrarase un seminario online gratuíto sobre o proxecto BIOPROINSECT. Representantes do tres entidades galegas participantes, Galinsect, o grupo BiotecnIA (Universidade de Vigo) e FEUGA, explicarán os traballos que se están realizando para obter do verme da fariña produtos de alto valor engadido.

O seu gran contido en proteínas (até o 50%) e o seu baixo impacto ambiental fan que o sector da alimentación aposte por este insecto para facer fronte á crecente demanda de alimentos de alto valor nutritivo. Con todo, a proteína dos insectos está unida á quitina, un compoñente estrutural que limita o seu dixestibilidade. Co desenvolvemento dun innovador e altamente eficiente proceso encimático, BIOPROINSECT busca separar a quitina do insecto, de tal forma que se obteñan, por separado, proteínas de alto valor nutritivo, derivados da quitina e acedos grasos.

Nesta xornada, Galinsect, o grupo BiotecnIA (Universidade de Vigo) e FEUGA, explicarán en detalle como se está desenvolvendo este novo proceso encimático e a súa viabilidade e potencial. Unha iniciativa pioneira que busca situar a Galicia á vangarda da innovación no sector agroalimentario.

Cando: martes, 21 de xuño, ás 10h.
Onde: webinar online, vía Teams.
Duración: 1h 15min
Asistencia gratuíta previa inscrición: https://forms.gle/Y4CutYARBu6jXN8L7

BIOPROINSECT está financiado pola convocatoria de axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Orzamento total: 181.468,56?; subvención total: 145.174,85?.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información