Xornada online sobre oportunidades de negocio no cultivo de cáñamo

Xornada online sobre oportunidades de negocio no cultivo de cáñamo

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza o próximo 13 de abril en horario de 10:00 a 14 horas un encontro formativo online sobre oportunidades de negocio no cultivo do cáñamo, destinado a persoas con interese en emprender nesta actividade.

A formación prodúcese no marco de Rede Esumo, un ciclo de encontros formativos destinados a promover, facilitar e posibilitar o emprendemento de proxectos cooperativos en ámbitos agroalimentarios considerados como oportunidades de negocio.

Neste encontro, con exposicións a cargo de persoal técnico de AGACA e de especialistas no sector, explicaranse as vantaxes e oporunidades de emprender no sector do cultivo de cáñamo. As persoas interesadas poden inscribirse nesta ligazón.

Programa:

10:00h Presentación de obxectivos e materiais dispoñibles.

10:30h Habilidades emprendedoras en cooperativismo e proceso de acompañamento a persoas emprendedoras.

11:15 Presentación da oportunidade de negocio no sector primario: Produción de cáñamo.

12:00h Experiencias produtivas, comentarios e aclaracións, a cargo de especialistas en cultivo de cáñamo.

12:45h Clases de cooperativas e principais axudas públicas de interese.

13:30h Quenda de preguntas e suxestións.

14:00h Peche do Meeting.

Ver/descargar programa completo aquí

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información