Xornada o vindeiro xoves no CIAM para dar a coñecer os últimos avances das ganderías de vacún de leite na reducción da pegada de CO2

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo presentará o 30 de xaneiro os resultados do proxecto e as novas propostas para a neutralidade climática no sector lácteo

Xornada o vindeiro xoves no CIAM para dar a coñecer os últimos avances das ganderías de vacún de leite na reducción da pegada de CO2

Imaxe de arquivo.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo realizará o próximo 30 de xaneiro no salón de actos do CIAM o ‘Open Day Clienfarms, Mabegondo Experimental Farm’ un evento no que se dará a coñecer os avances de Climate Neutral Farms, un proxecto europeo liderado en España polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-AGACAL), no que se miden as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) de 135 gandarías de vacún de leite.

Os relatores encargados de participar no acto analizasen as medidas implantadas en relación á mitigación de emisións. As persoas interesadas poderán seguir a presentación desde a seguinte ligazón. O programa é o seguinte:

16:00- 16:15. Benvida e presentación da xornada.
16:15-17:00. Mitigación do cambio climático en agricultura.

  • Francisco Ónega, EIP-Agri.

17:00- 18:00. Resultados de ClienFarms en granxa. Propostas de avance

  • Equipo investigadores produción de leite do CIAM (AGACAL)

18:00-19:00. FrieslandCampina: Como unha cooperativa pode apoiar aos seus membros cara á neutralidade climática.

  • Pablo Modernel, FrieslandCampina

19:00-19:30. Preguntas, suxestións, debate entre público e relatores

Relatores do evento

Francisco Ónega, enxeñeiro agrónomo, é desde o 2013 responsable de investigación e ciencia no Servizo de Apoio da Asociación Europea para a Innovación en Agricultura. Participou en diversos proxectos como algúns de I+D+i da USC ou tamén na creación e desenvolvemento do Banco de Terras de Galicia, onde foi director ao comezo da súa actividade.

Pablo Modernel é enxeñeiro agrónomo cun #máster en ciencias animais e un doutoramento en «Ecoloxía da produción e conservación de recursos». No seu posto actual de «Xestor de programas de natureza agrícola» en FrieslandCampina, é responsable dunha carteira de proxectos destinados a aumentar a biodiversidade nas explotacións leiteiras dos Países Baixos, á vez que ofrece unha perspectiva de modelos empresariais aos gandeiros.

O Grupo de investigación leite do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo ten como obxectivo transferir ao sector lácteo galego coñecemento de forma inmediata. Nos últimos anos o equipo centrou o seu traballo en tres liñas: identificación de marcadores en leite para rastrexabilidade alimentaria, enfermidades metabólicas e calidade de produto; calidade de forraxes; redución de emisión de gases efecto invernadoiro en produción de leite.

A xornada pódese seguir online a través do seguinte enlacehttps://xunta.webex.com/xunta/j.php?MTID=m7d49fd48ff2479402060333c1652ce48

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información