A asociación de produtores ecolóxicos de Galicia (PROECOGAL) organiza unha xornada formativa sobre peches e cercados para o gando. Terá lugar o vindeiro sábado 7 de setembro en Irixoa, na gandería Granxas de Lousada, e será impartido polo técnico Sergio Boado, experto na materia tanto en lexislación, electrificación, materiais apropiados e existentes no mercado, etc.
A xornada é gratuíta e as persoas interesadas pódense inscribir no seguinte enlace.
Ó remate da xornada, as persoas que estean interesadas en quedar a xantar nun restaurante próximo, poderán facelo anotándose previamente. O custo por persoa é de 27€.
Para obter máis información pode chamarse ao teléfono 657103467 (Sergio).