Xornada ‘O sector lácteo a debate: horizonte 2027’

Unións Agrarias programou unha sesión para abordar as tendencias do mercado e para analizar o funcionamento de instrumentos como a Interprofesional Láctea ou as organizacións de produtores

Publicidade
Data inicio: 15/06/2017
Data fin: 15/06/2017
Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación - USC, Santiago de Compostela, España

Santiago acollerá o próximo xoves 15 de xuño unha xornada na que se analizarán as perspectivas de futuro do sector lácteo. O evento, programado por Unións Agrarias-Upa, parte cun dobre propósito. Por un lado, analizar as tendencias de futuro de mercado e de consumo. Por outro, valorar as medidas da política agraria da UE en relación ó sector lácteo.

A xornada servirá para facer un balance do chamado paquete lácteo, unha serie de medidas da Comisión Europea que, entre outras cuestións, impulsaron as organizacións de produtores ou a contractualización entre gandeiros e industrias. Tamén se valorará o papel da Interprofesional Láctea de cara ó futuro, nun contexto no que a busca da sostibilidade da cadea láctea preséntase como o desafío fundamental.

O programa da xornada, que se desenvolverá no salón de actos da Facultade de Xornalismo, será o seguinte:

10.15 h. – Inauguración (Valentín Formoso, presidente da Deputación da Coruña; Lorenzo Ramos, secretario general de Upa).

10.45 h. – Mesa redonda ‘Sostibilidade do sector lácteo e políticas destinadas a súa estabilidade. Política Agraria Comunitaria 2020’. Presentada por Román Santalla, secretario de Ganadería de Upa.

11 h. – Modificación do paquete lácteo. Política Agraria Común máis alá do 2020 (Fernando Miranda, director general de Producciones y Mercados Agrarios do Ministerio).

11.45 h. – El sector lácteo español: amenazas y oportunidades en un mercado lácteo global. (José Armando Tellado, presidente da Interprofesional Láctea e director general de Capsa).

12.20 h. – Perspectivas para el sector lácteo español y gallego en los próximos diez años. Horizonte 2027. (Carlos Martín Ovilo, Unidade de Mercados da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea).

13 h. – Tendencias de consumo de leite e produtos lácteos. Preferencias dos consumidores. (Jordi Morales, xerente de compras de Lidl para España e Europa).

13.45 h. – Debate cos asistentes.

14.30 h. – Conclusións e acto de clausura (Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias; Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información