A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Xornada nunha granxa referente en raza Fleckvieh en España congrega a uns 100 gandeiros

Este xoves celebrouse o Día Fleckvieh España cunha xornada informativa nunha das granxas referentes en España nesta raza, a Ganadería El Prado S. L., en Guadamur (Toledo).

Uns 100 gandeiros e profesionais do sector de toda España asistiron a esta xornada técnica na que se expuxeron as características desta raza de dobre propósito, da que se destaca a súa elevada produción de sólidos lácteos, os seus excelentes caracteres de saúde, lonxevidade e fertilidade e o seu alto valor cárnico en venda para descarte.

A xornada estivo organizada por Genetic Austria, en colaboración con AllFeed, entre outros. Interviñeron como relatores Karl Zotti, de Noe Genetik RZV; Alexander Manrique Gómez, de Genetic Austria e Fleckvieh Austria, e Rubén Martín Alonso, gandeiro e propietario da Ganadería El Prado.

Velaquí algunhas fotos do rabaño Fleckvieh de Ganadería El Prado SL:

Fleckvieth_1 Fleckvieth_2 Fleckvieth_3 Fleckvieth_4 Fleckvieth_5

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *