As opinións e puntos de vista expresados só comprometen ao seu autor e non reflicten necesariamente os da Unión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade outorgante poden ser considerados responsables deles.

Xornada informativa sobre a PAC 2023-2027

Está organizada pola Oficina Agraria Comarcal de Castro Caldelas e terá lugar no mosteiro de Santa María de Montederramo o vindeiro xoves 24 deste mes

Xornada informativa sobre a PAC 2023-2027

A xornada pretende informar dos obxetivos e liñas de traballo da nova PAC 2023-2027 para favorecer a adaptación das explotacións galegas

A Oficina Agraria Comarcal de Castro Caldelas organiza unha xornada informativa sobre a vindeira PAC 2023-2027, co respaldo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria. A cita terá lugar no mosteiro de Santa María de Montederramo o próximo xoves 24 de novembro en horario de mañá, de 10.00h a 14.00h. A súa asistencia require de pre-inscrición a través desta páxina, onde ademais se poderá atopar a información detallada.

A pretensión desta acción formativa é dar a coñecer os obxectivos da nova PAC e as liñas estratéxicas para a súa consecución, coa exposición das axudas previstas, ecoesquemas e agroambientais. Cabe lembrar que a aplicación da modificación da política comunitaria en materia agraria aplicarase no período 2023-2027, traendo consigo novos regulamentos e plans estratéxicos en cada estado membro.

Estas formacións están dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 988 788 827, ou enviarse un correo a oac.seca.castrocaldelas@xunta.es.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información