Xornada informativa na Estrada sobre o impacto dos grandes viñedos na comarca da Ulla

Publicidade

A comarca da Ulla é na que máis está a medrar a plantación de viñedos dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, ao ser a subzona na que menos limitacións de base territorial hai para a plantación de novas viñas, tanto polo menor prezo da terra como pola disponibilidade de grandes superficies de comunidades de montes e de particulares. De feito, varias ganderías de vacún de leite da comarca xa se viron afectadas nos últimos anos, ao perder terras que tiñan en aluguer ou cedidas debido a que non poden competir cos prezos que ofrecen os grandes grupos adegueiros.

Neste sentido, o Sindicato Labrego Galego organiza para o vindeiro día 31 de xullo, unha xornada informativa na Estrada para analizar o impacto destes grandes viñedos na comarca.

A charla será ás oito da tarde no Mueso do Moble e da Madeira e nela intervirán Lidia Senra, labrega agroecolóxica de Vedra; Natalí González e Jesús Santamarina, da Plataforma Si a un Rural Vivo; e José Pereira, da Plataforma pola Regulación dos Sulfatos no Salnés.

IMPACTOS GRANDES VIÑEDOS ULLA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información