Xornada informativa este mércores en Santa Comba sobre plans de futuro para o sector lácteo

Este mércores, 9 de decembro, terá lugar no Centro Multiúsos de Santa Comba (A Coruña) unha xornada informativa sobre xestión do xurro e sobre a estratexia para o sector lácteo galego que ven de presentar a Xunta de Galicia.

A cita será ás 11:00 horas e comezará cunha conferencia do director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, sobre “O decreto de nutrición sostible do solo: o purín”.

A continuación, ás 12:00 horas, intervirá o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade, que explicará a “Estratexia para o Sector Lácteo Galego: 2020/2025”.

Esta xornada está organizada pola Cooperativa Xallas, o Concello de Santa Comba, a Fundación Juana de Vega e a Consellería do Medio Rural. 

XORNADA SANTA COMBA XALLAS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información