Xornada do Foro e Premios Galicia Alimentación

O Clúster Alimentario de Galicia organiza este xoves unha sesión para analizar os desafíos de futuro do sector

Publicidade
Data inicio: 01/06/2017
Data fin: 01/06/2017
Lugar: Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela, España

A Cidade da Cultura (Edificio Cinc) acolle este xoves a terceira edición do Foro e Premios Galicia Alimentación, un evento organizado polo Cluster Alimentario de Galicia. O Foro parte co obxectivo de abordar as estratexias e desafíos de futuro ós que se enfronta ó sector alimentario e das bebidas de Galicia de cara ó 2020.

O inicio do acto está previsto para as 10 da mañá. Previamente, a partir das 9 horas haberá unha asemblea xeral do Clúster Alimentario de Galicia, exclusiva para socios. Xa no foro, haberá dous bloques temáticos. Un primeiro no que se abordará a innovación en nutrición personalizada, dirixida a públicos concretos como o senior, e un segundo bloque máis xeral orientado a analizar situación do mercado e tendencias de futuro.

Para o segundo bloque, están previstas ponencias de directivos de Nielsen España, do Grupo Matorromera e de Nueva Pescanova. A mañá concluirá a partir das 13.30 horas coa entrega dos premios Galicia Alimentación, ós que está prevista a asistencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Pódese consultar o programa completo da xornada neste Pdf.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *