Xornada formativa sobre seguros agrarios este venres en Vilalba

Publicidade
Xornada formativa sobre seguros agrarios este venres en Vilalba
Data inicio: 21/10/2016
Data fin: 21/10/2016
Lugar: Calle Cuartel Guardia Civil, Villalba, España

O Sindicato Labrego Galego da Terra Chá organiza este venres, 21 de outubro, unha xornada formativa sobre seguros agrarios dirixida aos/ás profesionais do agro da comarca. En consonancia cos principais sectores produtivos da zona, esta xornada estará centrada nas liñas promovidas pola Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) para protexer o gando vacún e os cultivos forraxeiros. Ademais, tamén se tratarán cuestións máis xerais relacionadas con este tema como as novidades do Plan Anual de Seguros Agrarios Combinados 2017 e os seguros de estabilización de rendas que se prevén incluír na Política Agraria Común (PAC) a partir de 2020.

Esta xornada formativa terá lugar nas instalacións do Sindicato Labrego Galego en Vilalba, na rúa do Cuartel nº 1, en horario de mañá e tarde, habendo un pequeno descanso para o xantar. As charlas serán impartidas por persoal técnico do SLG, da Consellaría de Medio Rural e de Agroseguro. Trátase dun evento aberto a calquera persoa que queira asistir. Para iso, é necesario inscribirse previamente, antes do xoves 20 de outubro, chamando ao 982 512 431 ou enviando un correo electrónico a vilalba@sindicatolabrego.com

Programa:

11.00: Recepción de asistentes e entrega de documentación.

11.30: A necesidade de asegurar o noso gando. D. Xabier Gómez Santiso, responsable de Sectores Gandeiros do Sindicato Labrego Galego.

12.00: As liñas de Gando vacún. Principais novidades. Responsable de Agroseguro da Zona Noroeste. Ramón Sanmartín y Noelia Aparicio

13.30: Liña de Explotacións de Cultivos Forraxeiros Responsable de Agroseguro da Zona Noroeste. Ramón Sanmartín

14.30: Descanso e Comida.

16:00 Principais novidades do novo Plan Anual de Seguros Agrarios Combinados para 2017. D. Xosé Ramón Cendán, Sindicato Labrego Galego

17.00: O seguro de estabilización de rendas. Proxecto PAC 2020. D. Xabier Gómez Santiso, responsable de Sectores Gandeiros e Xosé Ramón Cendán, Sindicato Labrego Galego

18.00: Debate e Conclusións

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información