Xornada formativa sobre seguros agrarios en Chantada

Publicidade
Xornada formativa sobre seguros agrarios en Chantada
Data inicio: 09/11/2016
Data fin: 09/11/2016
Lugar: Rúa de Emilia Pardo Bazán, Chantada, España

O Sindicato Labrego Galego organiza o 9 de novembro en Chantada unha xornada formativa sobre seguros agrarios dirixida aos/ás profesionais do agro da comarca. En consonancia cos principais sectores produtivos da zona, esta xornada estará centrada nas liñas promovidas pola Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) para protexer o gando vacún e os cultivos forraxeiros. Ademais, tamén se tratarán cuestións máis xerais relacionadas con este tema como as novidades do Plan Anual de Seguros Agrarios Combinados 2017 e os seguros de estabilización de rendas que se prevén incluír na Política Agraria Común (PAC) a partir de 2020.

Esta xornada formativa terá lugar nas instalacións do Sindicato Labrego Galego en Chantada, na Rúa Emilia Pardo Bazán, 11 Baixo en horario de mañá e tarde, habendo un pequeno descanso para o xantar. As charlas serán impartidas por persoal técnico do SLG, da Consellaría de Medio Rural e de Agroseguro. Trátase dun evento aberto a calquera persoa que queira asistir. Para iso, é necesario inscribirse previamente, antes do xoves 20 de outubro, chamando ao 982-231-154 ou enviando un correo electrónico a lugo@sindicatolabrego.com

Programa:

11.00: Recepción de asistentes e entrega de documentación.

11.30: ¿Por qué asegurar? D. Xabier Gómez Santiso, responsable de Sectores Gandeiros do Sindicato Labrego Galego.

12.00: As liñas de Gando vacún. Principais novidades para 2017. Representante da Entidade Nacional de Seguros Agrarios (ENESA). Dª Pilar Tejeda

13.30: Liña de Explotacións Forestais. Responsable de Agroseguro da Zona Noroeste. D. Ramón Sanmartín

14.30: Descanso e Comida.

16.00: O seguro de estabilización de rendas. Proposta PAC post 2020. Xosé Ramón Cendán, Sindicato Labrego Galego

17.00: Debate e Conclusións

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información