Xornada formativa sobre o castiñeiro en Lalín

A Asociación Galega das Castañas e dos Souto abordará as ferramentas clave que están hoxe a disposición para a xestión sanitaria e o material vexetal

Publicidade
Xornada formativa sobre o castiñeiro en Lalín

Lalín acollerá unha formación técnica organizada pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos. A cita será o 21 de febreiro no Edificio Sociocultural, situado na rúa Manuel Rivero.

A sesión centrarase en dous piares básicos para a saúde e o futuro dos nosos soutos e diríxese ás persoas que buscan modernizar e mellorar as súas plantacións. No encontro falarán de ferramentas clave que están á disposición para a xestión sanitaria e o material vexetal. Así, profundarán no control biolóxico da avispilla co Torymus sinensis, da man de Fauna Útil. E coñecerán as novidades en material vexetal para portainxertos con Beatriz Cuenca, de Viveros Tragsa.

Para asistir é imprescindible anotarse previamente para non socios no teléfono 661 952 289 e a formación é gratuíta para socios e para non socios ten un custo de 10 euros.

629799396_122125027917020067_2486337577526781037_n

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información