Xornada formativa sobre cultivo de lúpulo

Publicidade
Xornada formativa sobre cultivo de lúpulo

O Grupo Operativo Lúpulos de Calidade celebrará o vindeiro martes 30 de marzo, a partir das 11.30 horas, unha sesión informativa sobre a rega do cultivo de lúpulo en España. Esta actividade informativa e de divulgación desenvolverase en liña a través da plataforma Zoom. As persoas interesadas en seguir esta sesión poden formular de balde a súa inscrición no evento na ligazón https://lnkd.in/dJH3UvS.

O evento, no que intervirán expertos en lúpulo e grandes coñecedores do seu coidado e cultivo, encádrase no marco do proxecto ‘Innovacións no cultivo de lúpulo en España’, unha actuación que conta con financiamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e que está orientada a mellorar a sustentabilidade das explotacións agrícolas.

Belén Matilla, da sociedade Lúpulo Tecnoloxía de Galicia (Lutega), será a encargada de abrir este foro virtual cunha breve presentación da xornada e dos seus cometidos. De seguido, Juan Valladares falará sobre diversas experiencias desenvolvidas no Agacal e no CIAM con respecto a nutrición no cultivo no lúpulo. Os profesores da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo Benjamín J. Rey e Javier J. Cancela, tratarán nas súas exposicións cuestións relativas ao fertirrego do lúpulo e ás necesidades de auga que presenta este cultivo.

Por último, Javier Fraile, en representación da SAT Lúpulos de Léon, pechará a quenda de intervencións cunha charla sobre a experiencia de rega do lúpulo na ribeira do Orbigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información