O Sindicato Labrego Galego xunto con COAG organiza unha xornada gratuíta en Vedra para abordar as novas pragas que afectan aos cultivos. A cita será na casa da Estación de Ribadulla o domingo 9 de novembro en horario de 10:30 a 14:00 horas e de 15:00 a 17:30 horas, incluíndo un xantar agroecolóxico.
No evento falarase do control biolóxico de pragas, así como da toma de decisión ante a aparición da mesma. Tamén se tratarán os efectos secundarios dos praguicidas nos inimigos naturais, o control biolóxico de conservación (plantas refuxio) e en cultivos hortícolas coma tomate, pemento, xudía, cucurbitáceas, berenxena e brásicas. Todo iso será abordado por Sabino Muñiño Varela.
Para asistir é necesario inscribirse en economia@sindicatolabrego.gal ou no teléfono 664 586 469.

Galego








Control OJD