O 20 de febreiro terá lugar unha xornada online dedicada á produción de lúpulo, en horario de 09:30 a 14:30 horas. É a última destas xornadas organizadas pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e dedicadas a dar a coñecer sectores que poden supor unha oportunidade de negocio no medio rural.
A xornada contará con relatorios de productores e comercializadores de lúpulo, así como de representantes da Xunta de Galicia para falar de apoios públicos ao sector.
Programa previsto:
09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada.
Higinio Mougán. Director-gerente de AGACA.
09:50 – Aspectos técnicos do cultivo de lúpulo en Galicia. Especies e variedades, requisitos agronómicos, manexo de cultivos etc.
Juan Valladares. Investigador do CIAM. Xunta de Galicia.
10:50 – Apoio a iniciativas da Consellería de Emprego e Economía Social. Marta Mariño. Directora general de Trabajo Autónomo y Economía Social. Xunta de Galicia.
11:10 – A auga, a rega e o uso de auga rexenerada no cultivo de lúpulo. Proxecto I-ReWater. Javier Cancela, profesor Campus Terra. USC.
12:00 – Breve descanso.
12:10 – A demanda de Lúpulo: mercado. Hai demanda de lúpulo de calidade?. Pablo G. Porto. Vivaz Plant.
13:00 – Viabilidade Económica e Comercialización. Análise de custos e ingresos, opcións de comercialización, posibilidades de apoio/axuda e financiamento. Belen Matilla. Presidenta de la cooperativa LUTEGA.
14:15 – Conclusións, comentarios finais e clausura. Higinio Mougán.
14:30 – Fin da Xornada.
As xornadas, de libre acceso previa inscripción (nesta ligazón), son de especial interese para persoas socias de cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.