Xornada formativa online sobre oportunidades de negocio na cría de porco celta

Xornada formativa online sobre oportunidades de negocio na cría de porco celta

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza o próximo 15 de abril, en horario de 10:00 a 14:00 horas, unha xornada formativa online sobre “Oportunidades de negocio no porco celta”. A formación, de carácter gratuíto, está destinada a persoas con interese en iniciar unha actividade económica en produción e comercialización de porco celta.

Neste encontro, con exposicións a cargo de persoal técnico de AGACA e de especialistas no sector, explicaranse as vantaxes e oporunidades de emprender na produción e comercialización de porco celta.

As persoas interesadas poden inscribirse nesta ligazón.

Programa:

10:00h Presentación de obxectivos e materiais dispoñibles.

10:30h Habilidades emprendedoras en cooperativismo e proceso de acompañamento a persoas emprendedoras.

11:15 Presentación da oportunidade de negocio no sector primario: produción e comercialización de porco celta.

12:00h Experiencias produtivas, comentarios e aclaracións, a cargo de especialistas produción e comercialización de porco celta.

12:45h Clases de cooperativas e principais axudas públicas de interese.

13:30h Quenda de preguntas e suxestións.

14:00h Peche do Meeting.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamiento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Ver/descargar programa completo aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información