O vindeiro xoves, 5 de marzo, celebrarase a xornada formativa online “Produción de aguacate”, de 09:30 a 14:30 horas, organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA). Contarase con profesionais do sector, tanto do ámbito da investigación como da produción e da comercialización, que abordarán desde o manexo agronómico, a rega e a calidade ata os modelos de comercialización cooperativa.
A sesión, que é gratuíta, celebrarase en liña, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.
Programa previsto
09:30 – Conexión e benvida ás persoas participantes. Presentación dos obxectivos da xornada
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia de AGACA
10:00 – Problemas e desafíos do cultivo do aguacate
Jorge González. CSIC Málaga
11:00 – Manexo agronómico do cultivo do aguacate: nutrición, poda e control do crecemento en condicións atlánticas
Paco Gil. Consultor especialista
11:50 – Descanso
12:00 – Rega eficiente e xestión da auga: estratexias avanzadas de rega en aguacate en Galicia
Javier José Cancela. Universidade de Santiago de Compostela
12:40 – Sanidade vexetal: pragas e enfermidades, diagnóstico temperán e estratexias preventivas
Pablo G. Porto. Biólogo. Asesor técnico independente
13:10 – Colleita, poscolleita e calidade orientada ao mercado: criterios de colleita e manexo poscolleita
Antonio Cal. Vivaz Plant
13:40 – Rendibilidade, cooperación e estratexia empresarial: modelos de comercialización e estratexia cooperativa
Fernando Veiga. Horsal S. Coop. Galega
14:10 – Preguntas e comentarios
Persoas participantes e relatoras
14:20 – Conclusións e peche do programa
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia de AGACA
14:30 – Fin da xornada
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
Os obxectivos do ciclo, que explorará diferentes sectores que poden supoñer oportunidades de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As xornadas, de acceso libre previa inscrición, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economía social, produtoras e produtores agrarios, persoal técnico e investigador, estudantado e público en xeral.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
Galego









Control OJD