Xornada formativa na Estrada sobre aproveitamento dos soutos de castiñeiro

A Oficina Agraria Comarcal da Estrada, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar un curso de formación e adquisición de nocións básicas para o aproveitamento dos soutos. Impartida no local social de Remesar, esta acción formativa terá lugar o 17 de xuño e consta dunha duración total de 4 horas, en horario de tarde das 19:00 ás 23:00 horas.

O obradoiro aborda aspectos esenciais para o aproveitamento dos soutos e consta de sete unidades: introducción, obxectivos, subespecies, finalidades, áreas de produción, portaenxertos e variedades dando finalmente un repaso aos diferentes modelos de produción.

As persoas interesadas poden realizar a inscrición online nesta ligazón: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 886 159 347, ou enviarse un correo a oac.seca.aestrada@xunta.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información