O Sindicato Labrego Galego (SLG) organiza para este xoves, 10 de decembro, na localidade pontevedresa de Ribadumia unha xornada formativa sobre “O futuro da viticultura”.
Impartirase no Salón de Actos da Casa da Cultura en horario de 16:00 a 19 horas, e nela explicaranse os cambios da futura PAC no sector do viño, a cargo da técnica Ana Rodriguez, e tamén se falará sobre “Cambio climático e enfermidades da viña”, a cargo de Bernardo Estévez, viticultor biodinámico.
Para participar é preciso anotarse chamando ao 659 811 523 ou enviar un email a aestrada@sindicatolabrego.com