O vindeiro 1 de decembro impartirase no concello lugués de Friol unha xornada técnica sobre as novidades das axudas da PAC para o 2023.
A actividade, dirixida a gandeiros e agricultores, terá lugar no salón de actos do centro sociocultural as 11:30 horas.
Impartirana José Balseiros, director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, así como director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), e Jorge Piñeiro Mariscal, subdirector do Fogga, o organismo da Consellería do Medio Rural, encargado da xestión e pago das axudas da PAC en Galicia.