Xornada formativa en Boqueixón sobre cultivo de plantas medicinais e aromáticas

Publicidade

O centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Boqueixón, dependente da Consellería do Medio Rural, acollerá un curso de formación e adquisición de competencias sobre os cultivos das plantas aromáticas e medicinais. A acción formativa ten unha duración total de 12 horas que se reparte en dúas xornadas: o día 11 de xuño (en horario de mañá) e o 18 de xuño (en quenda de mañá e tarde).

O obradoiro aborda tanto aspectos teóricos coma prácticos sobre o estudo do cultivo e da comercialización ecolóxica das plantas. Esta iniciativa está dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, e tamén ás persoas con expectativa de incorporación, en concreto a xuventude do medio rural.

Pódese facer a inscrición en liña nesta ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 867 331, ou enviarse un correo a cursos.agacal.sergude@xunta.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información