A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar unha acción de formación profesional e adquisición de competencias prácticas no uso de Sistemas de Información Xeográfica no sector agroforestal. O obradoiro darase ao longo de 6 días no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo, no concello de Bergondo, entre os días 7 e 14 de xullo en horario de mañá dende as 9:00 ás 14:00 horas.
Este taller ao longo de dúas semanas, a primeira os días 7 e 8 e a segunda do 11 ao 14. O programa do curso comeza con nocións básicas e continúa repasando os conceptos e ferramentas clave no emprego de Sistemas de Información Xeográfica antes de pasar ao bloque final, de carácter práctico.
A inscrición no curso pode facerse online a través desta ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 881 043, ou enviarse un correo a cfea.guisamo@edu.xunta.gal