Xornada sobre biodiversidade e recursos apícolas en entornos forestais o día 14 en Ourense

Xornada técnica sobre apicultura, biodiversidade e recursos forestais sostibles

abella_eumeO Grupo de Investigación en Sistemas Agroambientais (GISA) da Universidade de Vigo organiza a xornada “Fomentando a Biodiversidade: + Recursos Apícolas en Entornos Forestais”, un encontro técnico e divulgativo centrado na importancia dos recursos apícolas, a biodiversidade e os desafíos ambientais que afronta o sector.

A actividade enmárcase no proxecto do mesmo nome, financiado por ENCE, que busca avaliar e mellorar os recursos de pole en áreas forestais costeiras de Galicia, favorecendo a saúde das abellas e o equilibrio dos ecosistemas.

O programa inclúe relatorios de expertos de ámbito nacional e internacional sobre diversidade de recursos apícolas, políticas de apoio á apicultura, cambio climático e valor nutricional do pole, así como dous obradoiros prácticos: un sobre análise palinolóxica do mel e outro centrado no universo sensorial do mel.

Data: 14 de novembro de 2025
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Ciencias – Campus de Ourense
Horario: de 9:00 a 18:00 h
Destinatarios: comunidade universitaria, profesionais do sector apícola e público xeral
Información e inscricións: apicultura@uvigo.gal (ata o 11 de novembro)

Recursos apícolas cartel e programa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información