Xornada este xoves no CIAM sobre presente e futuro da produción de froita en Galicia

Publicidade

O departamento de Pastos e Cultivos do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-AGACAL) organiza para este xoves, 14 de xullo, as “Xornadas Técnicas sobre Fruticultura en Galicia: Evolución e Perspectivas”.

O evento congregará tanto a investigadores como a produtores que informarán da situación actual, avances técnicos e posibilidades de cultivos de froitas e froitos xa tradicionais en Galicia, como a mazá, tanto de sidra como de mesa, a castaña ou o kiwi, pero tamén doutros incipientes como os froitos vermellos, aguacate ou cereixas, entre outros.

A inscrición é gratuíta e para facela é preciso descargar e cubrir a solicitude e enviala
ao seguinte enderezo electrónico: xornadas.fruticultura.22@gmail.com

XORNADA FRUTICULTURA CIAM 22 1 XORNADA FRUTICULTURA CIAM 22 2

Descarga aquí a solicitude

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información