O Centro de Desenvolvemento Agrodandeiro de Xinzo de Limia acollerá este próximo xoves 16 de maio unha xornada titulada ‘Uso da agroecoloxía no control das malas herbas en trigo e pataca‘. Este evento terá como obxectivo prioritario presentar os obxectivos xerais do proxecto AGROSUS ás partes interesadas, entre as que se atopan os agricultores e axentes relacionados, así como á sociedade en xeral.
Nestas xornadas, ademais, levarase a cabo a presentación dos resultados obtidos nas enquisas e entrevistas previamente realizadas, abrindo un debate cos asistens sobre as mellores estratexias agroecolóxicas para o control das malas herbas nos cultivos de trigo e de pataca. O obxectivo final das xornadas será co-decidir que estratexias agroecolóxicas se levarán a cabo nas parcelas experimentais.
Con isto preténdese asimesmo animar a agricultores e outros actores interesados a unirse á Comunidade AGROSUS e contribuír á optimización das estratexias agroecolóxicas propostas.
O proxecto AGROSUS ten como obxectivo xeral proporcionar ferramentas de xestión de cultivos levando a cabo técnicas que permitan unha xestión sustentable, xusta e unha xestión segura das malas herbas en sistemas agrícolas convencionais, orgánicos e mixtos, así como fomentar a aceptación dos agricultores.
O programa das xornadas inclúe en 11:00 a 11:15 a presentación do proxecto AGROSUS da man de David Fernández-Calviño, da UVigo; de 11:15 a 11:45, a presentación das posibles estratexias agroecolóxicas a ter en conta, con Adela de Sánchez Moreiras, da UVigo, e de 11:45 a 12:45 o debate de co-decisión das estratexias agroecolóxicas a implementar, tamén dirixido por David Fernández-Calviño.
Para finalizar, entre as 12:45 e as 13:00 poranse en común as estratexias agroecolóxicas que se implementarán nas parcelas experimentais, a modo de conclusión, finalizando a xornada con pinchos a partir das 13:00.