Xornada este xoves en Santa Comba sobre enfermidades emerxentes en gando vacún

A ADSG Santa Comba e a cooperativa Xallas organizan este xoves, 29 de xaneiro, unha xornada técnica sobre enfermidades emerxentes en gando vacún, en concreto a dermatose, a EHE e lingua azul.

A formación será impartida polo xefe de Servizo de Sanidade Animal da Consellería do Medio Rural, Jesús Orejas. Explicará cales son os riscos e como evítalos, ademáis das medidas preventivas que se deberían adoptar, así como a maneira de proceder ante a aparición dalgunha destas enfermidades. 

A charla está aberta a calquera persoa interesada, sexa gandeira, veterinaria, enxeñeira, comercial, etc…. Será impartida en Santa Comba no salón de actos da cooperativa a partir das 12:00 horas.

XORNADA XALLAS ENFERMIDADES

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información